Descobren un mozo de Silleda con 435 gramos de cogollos e resina de marihuana

É a segunda vez en tres semanas que se investiga o home
Droga intervenida en Silleda. GUARDIA CIVIL
photo_camera Droga intervida en Silleda. GARDA CIVIL

A Garda Civil de Silleda investiga por segunda vez en tres semanas un mozo de 26 anos, veciño do municipio, identificado cando circulaba polo centro urbano da localidade cun recipiente plástico pechado hermeticamente que contiña tres bolsas nas que gardaba 435 gramos de cogollos e resina de marihuana, que lle foron intervidos. 

Segundo informa o instituto armado, o operativo desenvolveuse no marco de funcións de indagación e prevención delituosa, enmarcadas dentro do plan operativo de resposta policial ao tráfico polo miúdo e consumo de drogas en zonas, lugares e locais de lecer. 

"A cantidade de substancia aprehendida excede da establecida para consumo habitual, polo que se procedeu a citalo como investigado ao consideralo suposto autor dun delito contra a seguridade colectiva por tráfico de drogas", sinalan as mesmas fontes. 

As dilixencias instruídas, xunto coas substancias intervidas, foron postas a disposición do xulgado de instrución de garda de Lalín, onde deberá comparecer o investigado cando sexa citado.