viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

Detida tras roubar 15.000 en xoias na casa da Estrada onde traballaba

Guardia Civil de A Estrada. GC
Garda Civil da Estrada. GC
A empregada do fogar arrestada vendera parte das xoias nun establecemento de compravenda de ouro de Santiago

Unha muller de 68 anos foi detida pola Garda Civil acusada de roubar 15.000 euros en xoias do domicilio da Estrada no que traballaba atendendo a unha persoa maior. A denuncia do roubo foi presentada o pasado 11 de setembro e nela, segundo informa o instituto armado, relatábase a desaparición das alfaias, diñeiro en metálico e de varios obxectos que había na vivenda.

Tras investigar o sucedido e tomar declaración ás testemuñas, os axentes comezaron a sospeitar da empregada de fogar. Esta teoría confirmouse ao comprobar que a muller vendera parte das xoias nun establecemento de compravenda de ouro de Santiago de Compostela. Os artigos recuperados foron identificados como seus pola súa propietaria.

A detida, que foi posta en liberdade tras declarar ante a Garda Civil, deberá comparecer no xulgado de instrución número 1 da Estrada como investigada por un delito de furto de xoias.

Detida tras roubar 15.000 en xoias na casa da Estrada onde traballaba
comentarios
ç