lunes. 08.03.2021 |
El tiempo
lunes. 08.03.2021
El tiempo

Detidos un antigo empregado e unha amiga súa por un roubo nunha nave de Caldas

Operación na que foron detidas dúas persoas polo roubo en Caldas. DP
Os arrestados son veciños de Barro e O Porriño

A Garda Civil detivo a dous mozos como presuntos autores de dous roubos cometidos no interior dunha nave no polígono industrial de Caldas de Reis. Os supostos responsables resultaron ser un antigo empregado e unha amiga súa, de 31 e 27 anos, respectivamente. 

Segundo informa o Instituto Armado, a investigación, levada a cabo polo Equipo de Investigación do posto de Vilagarcía de Arousa coa colaboración da Policía Local de Caldas, iniciáronse o pasado setembro, cando o propietario da empresa denunciou que roubaran varios efectos e material nas súas instalacións. 

Por mor deste primeiro episodio, pescudouse que unha persoa que tiña relación de amizade cun empregado da empresa intentara vender unha batería que podería figurar entre os obxectos subtraídos. 

O segundo roubo tivo lugar no mes de outubro e foi a información achegada polo propietario a que propiciou que a Garda Civil identificase aos presuntos autores. Trátase dun antigo empregado e unha amiga, veciños de Barro e O Porriño, respectivamente. 

Estas dúas persoas quedaron en liberdade en sede policial, pero deberán comparecer cando sexan citados no xulgado de Instrución de garda de Caldas de Reis, onde se entregaron as dilixencias instruídas.

Detidos un antigo empregado e unha amiga súa por un roubo nunha...
ç