Detidos en Caldas catro mozos por tráfico de drogas

Dous veciños de Vilagarcía están a ser investigados por roupa falsificada
Material incautado por la Guardia Civil. GUARDIA CIVIL PONTEVEDRA
photo_camera Material incautado pola Garda Civil. GARDA CIVIL PONTEVEDRA

Catro mozos de Santiago detidos por tráfico de drogas e dous veciños de Vilagarcía de Arousa investigados por un delito contra a propiedade industrial por roupa falsificada é o resultado dun dispositivo especial levado a cabo pola Patrulla de Seguridade Cidadá da Compañía da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa na comarca pontevedresa de Caldas

Segundo informou o Instituto Armado, as actuacións culminaron coa aprehensión de diversas cantidades de cocaína e haxix e a incautación dun lote de roupa falsificada. 

As dúas aprehensións producíronse no transcurso un novo operativo prevención realizado este xoves 8 de agosto nas vías de comunicación da comarca de Caldas, "orientado especialmente a erradicar a venda e distribución de estupefacientes a pequena escala na provincia de Pontevedra", explicaron as mesmas fontes. 

Unha vez concluída a instrución das dilixencias, os detidos foron postos en liberdade a disposición do Xulgado de Instrución de Caldas de Reis

No transcurso dun dos controis que se realizaron interceptouse un turismo de márcaa BMW, modelo X3, no que viaxaban catro mozos veciños de Santiago de Compostela con idades comprendidas entre os 20 e 27 anos. 

No interior do vehículo atopáronse escondidas 20 landras de haxix e unha bolsa que contiña 250 dose de cocaína. A raíz do achado da droga, a Patrulla de Seguridade Cidadá procedeu a detención dos ocupantes do vehículo como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas e procedeuse á incautación da droga e do turismo. 

Unha vez concluída a instrución das dilixencias, ldeter foron postos en liberdade a disposición do Xulgado de Instrución de Caldas de Reis, onde deberán comparecer cando sexan citados.

ROUPA FALSIFICADA. Ademais, no marco do mesma orde de actuacións interceptouse outro vehículo que transportaba un lote de roupa falsificada, do que se fixo cargo a Patrulla Fiscal e Fronteiras de Vilagarcía que procedeu á investigación dos seus dous ocupantes, veciños de Vilagarcía de Arousa, como presuntos autores dun delito contra a propiedade industrial. 

Neste caso tamén se procedeu á incautación do obxecto do delito, 221 camisetas deportivas, con etiquetas falsas de coñecidas firmas comerciais cuxo un valor no mercado supera os 10.000 euros, que foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de Caldas de Reis. 

Comentarios