"Díxonos en Nadal que levaba 8 meses durmindo non coche", asegura a irmá de Abet

Madre
photo_camera A irmá e a nai de José Luis Abet. TELECINCO

M., a menor dos irmáns Abet Lafuente, non dá "crédito" á traxedia de Valga. "Non o entendo, tivo que loquear", afirmou este mércores en declaracións a Telecinco xunto á súa nai, aínda que dixo non ter dúbidas sobre a autoría do crime porque viu como o seu irmán José Luis "o confesou e botou as mans á cabeza", relata en alusión ao momento no que o asasino chegou á casa da súa familia en Ames tras cometer o triplo asasinato e tirar a arma ao Tambre. 

Na vivenda só se atopaban M. e a súa nai, que non sabían "moi ben" o que pasara ata a chegada da Garda Civil. "Síntoo moito pola familia delas [de Sandra, Alba e Elena]", expresou a moza, que sorprendeu a continuación cunha revelación: "Pensabamos que o matrimonio do meu irmán ía ben ata que en Nadal nos chamou para contar que levaba oito meses durmindo dentro do seu coche debaixo dunha ponte. Dende aquela veu para casa connosco as dúas".