A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais urbanas ao dominio público hidráulico no lugar da Devesa, no concello da Estrada. Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, de Augas de Galicia, localizaron a orixe deste vertido nas augas residuais urbanas xeradas nun inmoble particular, que vertían directamente ao dominio público
O persoal inspector solicitoulle ao titular da vivenda a adopción das medidas correctoras oportunas. Recentemente, os técnicos levaron a cabo unha inspección na zona, constatando a emenda do vertido, tras proceder o particular á instalación dun sistema de tratamento autónomo para as augas residuais producidas na vivenda.