
O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cuntis, coa colaboración da Policía Local, rescatou unha cadela, chamada Milú que desaparecera había dous días da súa casa, situada en la parroquia de Cequeril.
A súa dona, logo de moitas horas buscándoa, escoitouna ladrar desde unha casa abandonada no lugar da Corga de Abaixo e avisou aos servizos de urxencias, que procederon ao rescate, pondo un final feliz a este episodio.
Os efectivos de Protección Civil indicaron que sacar ao animal da vivenda non foi unha tarefa exenta de dificultades. A casa está pechada e os seus propietarios non residen na localidade, polo que tiveron que acceder por unha fiestra e sacala polo mesmo lugar.
'Milú' é nova, atópase en bo estado. Protección Civil destacou o seu bo comportamento e a enorme alegría que mostrou ao reencontrarse coa súa dona.
Como chegou a este lugar é unha pregunta que posiblemente se responda tendo en conte o seu afección por perseguir aos gatos, para o que incluso sobe aos tellados.