viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

Diversión absoluta nos Entroidos de Cuntis e Caldas

Imaxe do Entroido de Cuntis. C. CUNTIS
Imaxe do Entroido de Cuntis. C. CUNTIS

DAVID VENCE A GOLIAT, TAMÉN NO DESFILE CUNTIENSE

Entroido de Cuntis. C. CUNTIS (3)

Cuntis segue demostrando que o Entroido é unha das súas grandes especialidades. O desfile celebrado este domingo congregou a centos de espectadores e participantes.

Entre as comparsas, David y Goliat foi elixida como a mellor formación, mentras que a agrupación Chapante Khan foi a escollida como a máis destacada na categoría de grupos.

Entroido de Cuntis. C. CUNTIS (2)

Na de parellas, os náufragos do Titanic recibiron un xusto premio para a súa gran posta en escea.

En canto aos premios individuais, destacou Tómgola.

O Concello repartiu máis de 3.000 euros en premios e dá paso así á seguinte fase das festas: a presentación do Chapante, o venres, e o Vespaguateque o sábado, como grandes prólogos da Festa do Lacón con Grelos, o vindeiro domingo.

Entroido de Cuntis. C. CUNTIS (4)


CENTOS DE ESPECTADORES CONSTATAN EN CALDAS QUE A DIVERSIÓN NON CORRE PERIGO DE EXTINCIÓN

Entroido de Caldas. DP (2)

A comarca do Umia tamén tivo unha cita de referencia co desfile do Entroido de Caldas, onde foron premiados a animación En perigo de extinción e o grupo escolar co mesmo nome. En canto a carrozas, Tesoro pirata embruxo foi a mellor valorada.

Entroido de Caldas. DP

Os grupos Raegueton King, en adultos, e Anexo Bots en nenos, foron os mellor valorados.

En parellas, foi escollida Vamos á Luna entre as de maiores e Zipi y Zape entre os nenos.

O mellor disfraz individual foi Por el interés te quiero, Andrés, e o mellor infantil David el gnomo.

Entroido de Caldas. DP (3)

Diversión absoluta nos Entroidos de Cuntis e Caldas
comentarios