Esnaquizan a maior parte das cabazas destinadas ao desfile en Catoira

Una calabaza de Samaín. ARCHIVO
photo_camera Unha cabaza de Samaín. ARQUIVO

O Concello de Catoira denuncia "un novo acto de vandalismo" rexistrado no Pavillón Municipal de Deportes. Nesta ocasión, subliña que o agravante estriba en que os prexudicados son os nenos, porque foron esnaquizadas unha boa parte das cabazas que os alumnos do CPI Progreso e a Escola Infantil de Dino deixaron no edificio, para recollelas esta tarde e participar na procesión.

O Concello, o centro escolar e a Anpa As Lombas, entidades implicadas na organización do evento, "lamentan profundamente a carencia de escrúpulos das persoas que decidiron acabar de forma cruel co gran traballo e coa ilusión con que os cativos prepararon as súas cabazas para participar no desfile e no concurso".

Para que puidese desenvolverse a actividade prevista, o CPI comprou "cabazas para substituír ás danadas", que foron 35 unidades.

O alcalde, Xoán Xosé Castaño, presentou este xoves unha denuncia ante a Garda Civil, sinalando que foron arrincados asentos do recinto deportivo por varias persoas que tamén deixaron como rastro do seu paso cabichas esparexidas polo chan da instalación.