O Estado non acepta a proposta da Xunta para rebaixar a AP-53

Os usuarios da autoestrada máis cara de Galicia quedarán, polo menos de momento, sen a rebaixa que levan anos demandando
Cartel de entrada a la autopista por el enlace de Lalín Este. DP
photo_camera Cartel de entrada a la autopista por el enlace de Lalín Este. DP

Aplicar as mesmas bonificacións que a AP-9 na AP-53 custaría ao Goberno estatal 3,2 millóns de euros ao ano. Así se desprendía do estudo realizado pola Xunta de Galicia e promovido polos alcaldes dos concellos do tramo da autoestrada que vai de Santiago a Ourense e que o Goberno galego enviou ao estatal coa esperanza de que o executivo de Pedro Sánchez incluíse a proposta nos Orzamentos deste ano. Con todo, esta petición non foi aceptada e os usuarios da autoestrada máis cara de Galicia quedarán, polo menos de momento, sen a rebaixa que levan anos demandando.

O alcalde, José Crespo, mostrouse optimista e asegurou que se Núñez Feijóo chega a presidente de España, pedirá o traspaso do viario á Xunta e a condonación dos 60 millóns de euros á concesionaria, Acega.

Comentarios