A Estrada asina a acta que da inicio as obras do solo onde se implantará Mercadona

Son case 38.000 metros cadrados entre as avenidas de Pontevedra e Vigo que se urbanizarán para facer 220 vivendas e un centro comercial
O alcalde visitou este martes a zona urbanizable xunto aos promotores e propietarios. PATRI FIGUEIRAS
photo_camera O alcalde visitou este martes a zona urbanizable xunto aos promotores e propietarios. PATRI FIGUEIRAS
O Concello da Estrada asinou a acta de replanteo cos promotores de desenvolvemento humano entre as avenidas de Pontevedra e Vigo, onde se combinará o uso residencial e comercial. Neste último apartado destaca a implantación na zona da empresa do sector da alimentación Mercadona, que xa solicitou a licencia municipal para construir unha nave na que acollerá o seu centro comercial.

Trátase do primeiro desenvolvemento urbano de iniciativa privada que se leva a cabo na Estrada no marco do novo Plan de Ordenación Municipal. Despois de varios anos de trámites xa poden comezar, cos desmontes e movementos de terra, os traballos de urbanización de case 38.000 metros cadrados que poñen en marcha un proxecto no que A Estrada pretende xerar un novo urbanismo.

O alcalde, José López, amosou a súa satisfacción e calificou o día como "fantástico". "Despois de seis anos moi duros de traballo e pelexa nun asunto que involucrou a varios organismos, conseguimos chegar a este momento no que iniciamos a materialización dun urbanismo que pensa máis nas persoas".

Nos citados 38.000 metros cadrados se construirán 220 vivendas colectivas e unifamiliares, sendo un 45% das primeras de protección oficial. Tamén se instalará a citada nave de Mercadona para o centro comercial, previsto para o 2022. Zonas verdes, aparcamentos, novos viales, rotondas e beirarrúas completan un proxecto que tivo moitos escollos e que se unirá ao ámbito urbano de forma peonil. Como sinalou o alcalde, "pasou algo que non é habitual cando falamos destes proxectos. Neste caso foi moi doada a xestión do solo e complicadísima a parte administrativa".

Comentarios