Un estradense resulta ferido nunha saída de vía

Ocorreu ás 19.45 horas á altura de San Martiño, na estrada que conduce ao castro de Barbude

Coche volcado tras chocar con el cierre de una finca en Barbude. EMERXENCIAS A ESTRADA
photo_camera Coche volcado tras chocar con el cierre de una finca en Barbude. EMERXENCIAS A ESTRADA

Un estradense resultou ferido tras saírse da vía co seu turismo e impactar contra un peche dunha leira e un poste de telefonía na parroquia de Barbude, na Estrada.  O accidente rexistrouse ás 19.45 horas á altura de San Martiño, na estrada que conduce ao castro de Barbude.

Ten 28 anos, responde ao iniciais S. V. E. e é veciño da parroquia estradense de Arnois. Conducía un Renault Megane.

O ferido foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao Hospital A Rosaleda, de Santiago.Traballaron no punto Emerxencias A Estrada e a Garda Civil de Tráfico.