Evacuado en helicóptero tras caer desde un tellado en Pontecesures

O operario precipitouse desde cinco metros de altura cando realizaba traballos na vivenda
Imagen de un helicóptero del 061. @HELICOSANTIAGO
photo_camera O helicóptero do 061, en Pontecesures. @HELICOSANTIAGO

Un operario foi evacuado este mércores en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus) tras sufrir unha caída desde unha altura de 5 metros cando realizaba traballos de reparación no tellado dunha vivenda de Pontecesures.

O suceso, segundo detalla o CIAE 112 Galicia, tivo lugar ao redor das 10.00 horas deste mércores na Praza da Lonxa da localidade pontevedresa. 

Ata alí mobilizouse o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 con base en Santiago, que procedeu ao traslado do ferido ao Chus para recibir atención médica.