Evacuados ao CHUS tres operarios ao inhalar gases cando traballaban nun parking en Silleda

Un particular atopou aos afectados tendidos no chan e solicitou asistencia médica urxente

Tres operarios foron evacuados ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) tras inhalar gases mentres traballaban nun aparcadoiro subterráneo de Silleda. 

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 18.00 horas deste mércores, cando un particular atopou aos tres traballadores tendidos no chan e solicitou asistencia médica urxente para estas instalacións, situadas no número 19 da rúa Venezuela. 

Ao momento acudiron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para ofrecer os primeiros coidados aos tres traballadores e, posteriormente, trasladalos ao CHUS. 

Ademais, foron informados os Bombeiros do Deza, que, mediante as correspondentes medicións, puideron comprobar que había unha alta acumulación de gases no aparcadoiro, posiblemente polo uso de maquinaria de explosión a gasolina dentro do espazo subterráneo. 

Neste operativo tamén colaboraron os axentes da Garda Civil e da Policía Local para coñecer todos os detalles deste suceso.