Evacuado en helicóptero un operario ferido de gravidade nunha fábrica de Valga

Sufriu lesións cando traballaba cunha máquina hidráulica

Un operario de 55 anos e iniciais J.L.C.C. tivo que ser evacuado en helicóptero na tarde deste martes tras resultar ferido de gravidade cando traballaba cunha máquina hidráulica nunha fábrica de Valga. Os feitos sucederon na parroquia de Campaña, ao redor das 14.00 horas.

Foi entón cando un particular se puxo en contacto co centro de atención ás urxencias 112 Galicia para alertar do ocorrido. Ata o lugar mobilizouse o helicóptero medicalizado do 061-Urxencias Sanitarias con base en Santiago, que o trasladou a un centro hospitalario.

Desde o 112 Galicia requiriuse tamén a intervención do GES de Valga e da Garda Civil.

Comentarios