Unha muller de 40 anos faleceu na tarde-noite deste martes mentres realizaba exercicio nun ximnasio situado no centro urbano de Lalín.
A vítima atopábase nunha das bicicletas do local cando se empezou a sentir indisposta. Todo parece indicar que puido sufrir un infarto fulminante. As manobras de reanimación que lle foron practicadas resultaron en balde.