Feijóo destaca durante a súa visita a Bandalux que Galicia é "unha terra que ofrece garantías"

"O noso obxectivo é facilitar e axudar ás empresas galegas a innovar para ser máis competitivas no mercado internacional", abundou

Feijóo, durante su visita a Bandaluz, en Moraña. XUNTA
photo_camera Feijóo, durante a súa visita a Bandaluz, en Moraña. XUNTA

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Galicia "seguirá sendo unha terra que ofrece estabilidade, certezas e garantías" e na que os emprendedores poidan investir e crecer. 

Durante unha visita ás instalacións da empresa Bandalux en Moraña, Feijóo aseverou que a Administración autonómica continuará dado respostas ás necesidades dos emprendedores, facilitando os investimentos no tecido industrial da Comunidade. 

Así, sinalou que os orzamentos para 2019 destinarán un 17% máis de fondos, ata 50 millóns, ao financiamento de iniciativas empresariais; 40 millóns a proseguir coa dixitalización e a implantación da Industria 4.0.; así como tramitando na metade de tempo as iniciativas empresariais prioritarias a través da Lei de Implantación Empresarial. 

"O noso obxectivo é facilitar e axudar ás empresas galegas a innovar para ser máis competitivas no mercado internacional", abundou. 

Nesta liña, o responsable do Executivo autonómico agradeceu a Bandalux e a Celtic Group a súa aposta por Galicia, así como a decisión de reforzar este compromiso coa construción dunhas novas instalacións no polígono da Sionlla, en Santiago. 

Neste enclave, estableceranse as áreas estratéxicas de xestión e innovación da compañía, baixo un investimento de tres millóns de euros e coa previsión de crear máis de 100 empregos. 

A Xunta destacou que, con sede en Galicia, este grupo empresarial conta con catro plantas de produción repartidas entre Moraña, Barcelona, Italia e Miami. Así mesmo, ten distribuidores en países como Francia, Portugal, Alemaña, Suíza, Bélxica e Holanda. 
 

Comentarios