A Feira do Cocido de Lalín, declarada Festa de Interese Turístico Internacional

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, felicita ao municipio pontevedrés por este recoñecemento

Una imagen de la Feira do Cocido 2019. PATRICIA FIGUEIRAS
photo_camera Unha imaxe da Feira do Cocido de Lalín do pasado ano. ADP

A Secretaría de Estado de Turismo confirmou este xoves ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a distinción como Festa de Interese Turístico Internacional para a Feira do Cocido de Lalín. Nunha misiva dirixida a Javier Losada, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo subliña a importancia do evento. 

A Secretaría de Estado realizou un estudo pormenorizado da documentación sobre esta festa, que a partir de agora contará co título honorífico que demandaba, pola súa especial transcendencia.

Javier Losada felicitou ao Consistorio deste municipio pontevedrés e aos seus habitantes por lograr esta distinción, que acredita o traballo realizado desde fai máis de medio século.

A Secretaría de Estado de Turismo tamén remitiu a confirmación ao alcalde de Lalín, José Crespo, e á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Comentarios