Un ferido ao saírse da vía e envorcar o coche que conducía en Cuntis

A vítima foi trasladada ao Montecelo

Unha persoa resultou ferida e foi trasladada ao Hospital Montecelo de Pontevedra este sábado tras saírse da vía e envorcar o coche que conducía na localidade pontevedresa de Cuntis, segundo informou o 112. 

A saída de vía produciuse pouco logo das 17.00 horas na N-640, na recta coñecida como A Anllada. O ocupante do coche, que ía só, non estaba atrapado, pero foi necesaria a intervención dos servizos de rescate porque o vehículo quedou apoiado sobre un lateral e non se lle podía dar atención ao ferido. 

Varias persoas chamaron ao 112 para avisar do accidente. Os xestores de urxencias alertaron ao 061 e aos membros do GES da Estrada, que tiveron que estabilizar o vehículo para poder rescatar ao ocupante. 

Tamén se informou aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil. 

Comentarios