Ferido grave ao caer a unha fonte sen auga da renovada Alameda da Estrada

Un helicóptero desprazouse ata a praza consistorial contigua ao lugar do incidente para evacuar á vítima

Un home atópase en estado grave tras caer na tarde deste mércores na fonte da Alameda da Estrada. O buraco está sen auga, por traballos de reparación de fugas.

Un helicóptero desprazouse ata a praza consistorial contigua ao lugar do incidente para evacuar á vítima. A ampliada Alameda abriuse ao público a pasada semana.