martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

Ferido un home tras caer do tellado da súa vivenda en Vila de Cruces

Helicóptero sanitario que trasladó al herido. DP
Helicóptero sanitario que trasladou ao ferido. DP
O home atopábase arranxando o teito da súa casa

Un home resultou ferido de consideración na mañá deste venres logo de caerse cando arranxaba o tellado da súa vivenda no municipio de Vila de Cruces  

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon nunha vivenda situada no lugar de Outeiro, en Vila de Cruces, sobre o mediodía deste venres. 

O 112 tivo coñecemento do sucedido a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido e no que foi finalmente trasladado Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

Ademais, para prestar apoio ao equipo médico desprazado na aeronave, por parte do CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces e de axentes da Garda Civil

Ferido un home tras caer do tellado da súa vivenda en Vila de Cruces
comentarios
ç