Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

Ferido un nonaxenario tras encaixar o seu coche contra unha vivenda en Botos

Estado no que quedou o coche tras encaixarse contra unha vivenda en Ateán. BOMBEIROS
Estado no que quedou o coche tras encaixarse contra unha vivenda en Ateán. BOMBEIROS

As causas do accidente están por determinar

Un home con iniciais J. H.G.F e duns 90 anos resultou ferido tras impactar o coche que conducía contra unha vivenda no lugar de Ateán, pertencente á parroquia lalinense de Botos.

A vítima, residente en Ateán, foi trasladada ao Hospital Clínico por unha ambulancia asistencial do 061, afectada de dores nas súas costas. Aínda que non precisou ser excarcerada, a pesar do estado no que quedou o vehículo tras o choque, os Bombeiros tiveron que sacala do habitáculo do condutor cunha férula espiñal por se sufría algunha lesión medular.

O incidente ocorreu ao mediodía. As causas do accidente están por determinar. Ao lugar desprazáronse tamén axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal do GES de Lalín.

Ferido un nonaxenario tras encaixar o seu coche contra unha vivenda...