Ferido un motorista ao chocar cun vehículo en Cuntis

As lesións do mozo non revestían gravidade
Accidente de tráfico en Cuntis. DP
photo_camera Accidente de tráfico en Cuntis. DP

A moto accidentada en Cuntis. DPUn motorista resultou ferido este sábado nun accidente ocorrido na N-640 ao seu paso por Cuntis. O sinistro produciuse no punto quilométrico 212 da vía, na intersección que dá acceso ao núcleo de Couselo.

A moto que conducía o mozo impactou cun vehículo. As lesións que presentaba, en principio, non revestían gravidade. Aparentemente, só sufriu unha lesión nun brazo.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias do concello de Cuntis, da Garda Civil de Tráfico e do 061.

Comentarios