A firma lalinense Inasus participará na construción da torre máis alta de Birminghan

O orzamento inicial da obra ascende a uns 20 millóns de euros e implicará a participación directa de entre 60 e 70 persoas

Sede de Inasus en el Polígono Lalín 2000. DP
photo_camera Sede de Inasus no Polígono Lalín 2000. DP

A firma lalinense Inasus, dedicada ao deseño, fabricación e montaxe de fachadas, acaba de facerse cun novo contrato no Reino Unido para a construción do edificio Broad Street, a torre máis alta de Birmingham.

O orzamento inicial da obra ascende a uns 20 millóns de euros e implicará a participación directa de entre 60 e 70 persoas. O contrato foi adxudicado á empresa galega, que conta cun persoal de 185 traballadores, pola construtora John Sisk.

A torre terá 42 pisos de altura e é a construción destinada a vivendas de luxo máis alta da cidade de Birmingham. As actuacións prolongaranse ata decembro de 2021.

Comentarios