Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

A Fiscalía declina investigar o caso do falecido na PAC da Estrada

A PAC da Estrada. P. FIGUEIRAS
A PAC da Estrada. P. FIGUEIRAS

Descarta actuar de oficio ao estar aberto un procedemento xudicial tras denunciar a familia â?? Os fillos e a viúva do sesaxenario ultiman os trámites para querellarse contra o Sergas

O pasado 4 de agosto, unha tarde de sábado, José Manuel Brey Brea, de 64 anos, falecía xunto ao mostrador do Punto de Atención Continuada (PAC) da Estrada mentres agardaba, do mesmo xeito que outros pacientes, o regreso dunha urxencia nun domicilio da única médica e enfermeira que nese momento atendían o servizo. Un mes despois, a familia segue reclamando que se depuren responsabilidades e prepara a querela contra o Sergas.

O caso saltou de inmediato ao debate político e os grupos da oposición en Galicia comezaron a esixir explicacións ao Goberno da Xunta así como a adopción de medidas para que este tipo de situacións non volvan repetirse. A próxima semana, o Pleno do Parlamento galego debaterá sobre este asunto.

"Ninguén da Xunta púxose en contacto connosco", asegura a filla do home que morreu atragantado hai un mes

 

Días logo da tráxica morte, o Defensor do Paciente pediu á Fiscalía que investigase o sucedido, pero segundo apuntaron este mércores fontes deste último organismo, non actuará de oficio, ao estar xa en marcha un procedemento aberto por mor da denuncia presentada pola familia contra o Servizo Galego de Saúde (Sergas) no cuartel da Garda Civil de Lalín catro días despois do suceso. Agora é o Xulgado de Instrución Número 2 da Estrada quen leva o caso.

Demelsa Brey, a filla do falecido, explicou o mércores desde Avilés, lugar de residencia da familia, que ela, o seu irmán e a súa nai están á espera de recibir a documentación que lles permita acreditarse como herdeiros e viúva, respectivamente, e poder así formalizar a querela contra o Sergas, ao que acusa de falta "de persoal médico e de asistencia no Centro de Saúde". Ao mesmo tempo, o seu avogado solicita información para un posible xuízo.

Os familiares están pendentes tamén das conclusións finais da autopsia. Segundo aseguran, o informe preliminar establece a asfixia por obstrución da vía aérea como causa da morte, desenlace que, cren, poderíase evitar se na PAC houbese persoal sanitario cualificado nese momento. Seguen tamén á espera da resposta da Valedora do Pobo, ante a que presentaron unha queixa. Tampouco ao longo de todo este mes transcorrido, "ninguén da Xunta lla posto en contacto connosco", afirma Brey.

A oposición pide á Xunta no Parlamento que manteña os servizos todo o
O PSdeG e o BNG apoiaron onte na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia a proposición non de lei defendida pola deputada de En Marea, Eva Solla, na que pedía á Xunta medidas para garantir a cobertura das vacacións e baixas do persoal sanitario durante todo o ano nos centros sanitarios galegos.

A media non saíu adiante ao ser rexeitada polo PP, que argumentou que as camas dispoñibles nos hospitais galegos este verán foi do 88%, un 13% máis que en 2017.

"O que ocorreu na Estrada podería repetirse unha e cen veces, porque son moitos os PACs que contan cun único equipo médico", advertiu Solla.

A Fiscalía declina investigar o caso do falecido na PAC da Estrada
Comentarios