A fonte da Praza das Árbores de Cuntis, pechada debido a actos vandálicos

2020060814214254623
photo_camera Fonte pechada. CEDIDA

A mina que fornece de auga a fonte da Praza das Árbores, en pleno centro do concello de Cuntis, foi escenario de actos vandálicos. O Concello mostrou a súa "condena e repulsa máis enérxica" ante as desfeitas a este equipamento público durante a noite do pasado sábado.

Ante estes feitos, e por precaución, o Goberno local prohibe coller auga ata coñecer os resultados das analíticas que se realizarán este luns, "posto que non sabemos se se puido verter algún produto non manancial". Así, unha vez coñecida a potabilidade da auga, de ser o caso, reestablecerase o uso da fonte pública.

"Este acto desaprensivo non vai quedar impune. É un feito moi grave que afecta directamente á saúde pública e aos veciños e veciñas, polo que se abrirá unha investigación para tratar de dar co autor ou autores", advirte o Goberno local de Cuntis.

Comentarios