Un ferido de consideración nun choque na Estrada

Foi trasladado en helicóptero ao CHUS
Oficinas del 112. DP
photo_camera Oficinas do 112.

Un home tivo que ser trasladado en helicóptero ao resultar ferido de consideración nun choque entre un coche e unha furgoneta ocorrido na tarde do sábado na Estrada. 

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu pasados dez minutos das 20,30 horas, cando un particular chamaba á central de urxencias para informar o sinistro. Aínda que non podía asegurar se había feridos ou atrapados, si indicaba que os vehículos interrompían a circulación. 
â??
No transcurso desta mesma chamada, o 061-Urxencias Sanitarias tamén comunicaban ao 112 que acababa de producirse un accidente na PO-841, á altura de Couso, na Estrada. 

Ademais, indicaban que un helicóptero medicalizado dirixíase ao momento, posto que no interior dun dos vehículos había un home que non reaccionaba. 

Entón, a central do 112 puxo os feitos en coñecemento dos bombeiros de Deza, dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos membros do GES e de Protección Civil da Estrada. 

Unha vez no lugar, e cando o helicóptero do 061 tomou terra, os servizos de urxencias alí desprazados comprobaron que se trataba dunha colisión entre un coche e unha furgoneta. O ocupante do turismo non reaccionaba pero estaba accesible, polo que se descartou o uso de material de excarceración. 

O 112 Galicia tamén requiriu a intervención do persoal do servizo de mantemento da vía, que se encargou da reparación dos danos ocasionados na estrada debido ao impacto. 

O ferido, pola súa banda, foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.