Un home tivo que ser rescatado este martes logo de caer nun tojal no lugar de A Eirexe, na parroquia de Setecoros, pertencente ao concello de Valga.
A Policía Local do municipio deu o aviso ao 112 Galicia, pasadas as nove e media da mañá, de que había unha persoa caída nunha zona de toxos. Por iso, solicitaban axuda, xa que o varónse atopaba nun lugar con desnivel e de difícil acceso.
Con estes datos, os xestores do 112 Galicia informaron, ademais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, ao GES de Padrón, Garda Civil, aos Bombeiros de Vilagarcía e a Protección Civil de Valga.
Tras facer tarefas de limpeza na zona, os axentes da Policía conseguiron chegar ata o home, pero aínda así, precisaban asistencia para mobilizalo e poder achegalo ata un punto onde tivesen acceso os servizos sanitarios.
Así, coa axuda dos membros do GES e de Protección Civil, a persoa foi levada ata a ambulancia que, posteriormente, trasladouno ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago con mazaduras e síntomas de hipotermia.
Segundo sinalaron os medios que se desprazaron ata o punto, o home caera o luns neste sitio, pero non foi ata esta mañá cando conseguiu dar aviso aos servizos de urxencias.