Incautan 1,5 quilos de cocaína na AP-9 á altura de Caldas

A mula acudira ao Salnés para aprovisionarse
Material incautado. POLICÍA NACIONAL
photo_camera Material incautado. POLICÍA NACIONAL

A Unidade de Drogas e Crime Organizado da Comisaría de Pontevedra incautou 1,5 quilos de cocaína ao frustrar un pase que levaba a cabo un individuo en plena AP-9.

A incautación, que se produciu á altura de Caldas, incluíu a detención da mula, que acudiu ao Salnés para aprovisionarse e dirixíase á zona de Ferrol ao volante dunha furgoneta.

Comentarios