Intervidas máis de 290 pezas de roupa de marcas supostamente falsificadas que se vendían nunha feira en Lalín

O responsable do posto ambulante "non puido acreditar documentalmente a procedencia legal da mercancía que tiña para a súa venda"
El cuartel de la Guardia Civil de Lalín. DP
photo_camera O cuartel da Garda Civil de Lalín. DP

A Garda Civil incautou 292 pezas supostamente falsificadas, cuxo valor no mercado pode superar os 21.000 euros, que se comercializaban nun posto de venda ambulante na feira de Lalín.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon ás 13.00 horas deste domingo pasado durante un servizo de vixilancia efectuado unha Patrulla de Seguridade Cidadá da Compañía da Garda Civil de Lalín.

Durante o desenvolvemento da feira, e nun posto de venda ambulante, observouse "roupa de importantes marcas rexistradas, como sudaderas, pantalóns e chaquetas", indican as mesmas fontes, que engaden que o responsable do posto ambulante "non puido acreditar documentalmente a procedencia legal da mercancía que tiña para a súa venda". 

O responsable do posto é un veciño de Ourense de 38 anos de idade, ao que se lle instruíron dilixencias como presunto autor dun suposto delito contra a propiedade industrial, polo que foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Lalín, xunto á mercancía incautada. 

Comentarios