Localizadas máis de mil plantas de marihuana no galpón que rexistrou un lume en Vila de Cruces 

Un matrimonio, propietario do alpendre, está a ser investigando no caso. A plantación descubriuse a raíz do incendio
Plantación localizada en Vila de Cruces. GUARDIA CIVIL
photo_camera Plantación localizada en Vila de Cruces. GARDA CIVIL

A Garda Civil investigou un matrimonio de Vila de Cruces por un delito contra a saúde pública como suposto responsable da plantación indoor de marihuana descuberta por mor dun incendio dun alpendre contiguo ao seu domicilio. En total incautáronse de 1.007 plantas de cannabis e 250 gramos de marihuana elaborada e preparada para a súa distribución. 

A parella, propietaria do galpón, aparece como suposta responsable dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de cultivo e elaboración de drogas. As actuacións da Garda Civil de Vila de Cruces iniciáronse o día 24, cando tivo noticia dun incendio —supostamente fortuíto— no interior do alpendre, no que se localizou unha plantación de marihuana. 

Unha vez finalizadas as tarefas de extinción do lume, que afectou a parte da estrutura e causou danos materiais de escasa consideración, os axentes puideron comprobar que o interior do inmoble "estaba perfectamente acondicionado" para o cultivo das plantas de marihuana, "provisto dun sofisticado sistema de rega, ventilación, iluminación, control de temperatura e humidade, que aceleraba o crecemento e reprodución das plantas", segundo a súa información. 

Segundo o instituto armado, "valórase como posible causa do incendio" un fallo no circuíto eléctrico da instalación. 

As dilixencias instruídas, xunto cos efectos intervidos e as plantas incautadas, foron postas a disposición do xulgado de instrución número 2 de Lalin.

Comentarios