jueves. 27.01.2022 |
El tiempo
jueves. 27.01.2022
El tiempo

Investigan por homicidio imprudente ao presunto responsable do accidente da Estada

El lugar en el ocurrió el accidente mortal de A Estrada. PATRY FIGUEIRAS
El lugar en el ocurrió el accidente mortal de A Estrada. PATRY FIGUEIRAS
Tamén se lle atribúen os delitos de lesións por imprudencia grave e de condución temeraria

A Garda Civil investiga penalmente ao condutor dun dos vehículos implicados nunparatoso accidente de circulación no que falecera un mozo de 19 anos, veciño da Estrada

Como consecuencia deste accidente, que ocorreu a madrugada do pasado 11 de outubro, na estrada PO-841, no lugar de Baloira, tamén resultou ferido grave o acompañante e leve o outro ocupante do mesmo vehículo.

Por mor das investigacións realizadas ao obxecto de pescudar as causas e circunstancias deste sinistro viario, procedeuse á investigación penal do condutor do outro vehículo implicado, como presunto responsable do accidente. Trátase doutro mozo de 20 anos de idade, tamén veciño da Estrada, a quen se lle notificou a súa condición de investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, por condución temeraria, ademais de senllos delitos de homicidio e lesións por imprudencia grave.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, así como á Fiscalía de Seguridade Viaria.

O condutor do outro vehículo implicado, que resultou ileso xunto a un acompañante, deu negativo no test de alcoholemia e drogas

INVESTIGACIÓN. Un posible exceso de velocidade barallouse como causa do accidente. Fontes consultadas apuntaron que se investigaba se o vehículo no que circulaban os tres mozos, cuxo condutor faleceu, "ía picado con outro" e con exceso "de velocidade". 

Pola súa banda, fontes da Garda Civil confirmaron que o condutor do outro vehículo implicado, que resultou ileso xunto a un acompañante, deu negativo en el test de alcoholemia e drogas. 

Tras este accidente mortal, o alcalde da Estrada, José López Campos,manifestou que se trata dunha "desgraza" e lamentou que había xente "moi novo" implicada. 

Por iso, apelou a extremar "a precaución" e "sensibilizar" porque, ao seu xuízo, "parece que se perdeu ese medo e respecto a conducir". Por iso, chama a evitar este tipo de desgraza "". 

Investigan por homicidio imprudente ao presunto responsable do...