Investigan a un individuo por un incendio forestal ocorrido en Catoira

O home estaba a facer unha queima forestal cando se produciron os feitos

photo_camera es noticia ponte

Axentes da Policía Autonómica tomaron declaración a un home como presunto autor dun incendio en Catoira orixinado por unha queima forestal. Outro home tamén tivo que declarar polos mesmos feitos en Paderne de Allariz, en Ourense.

En Catoira, os axentes da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, tomaron declaración como investigado a un home como presunto autor dun incendio forestal o 20 de maio, que afectou a 0,14 hectáreas de superficie arboredo.

Neste caso, o lume orixinouse nun escape dunha queima de restos forestais que o investigado realizou sen adoptar as medidas de seguridade e sen contar con ningún tipo de autorización. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Vilagarcía de Arousa.

No caso de Paderne, o incendio ocorrido o pasado 13 de maio, afectou a 0,1 hectáreas de monte raso. O lume orixinouse nunha queima de restos forestais nunha leira, realizada sen gardar as debidas medidas de precaución. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense.

Na actual campaña contra os incendios forestais de 2019, un total de 39 persoas foron investigadas pola Policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.