Lalín inaugurou este venres as Aldeas de Nadal na Praza da Igrexa, onde centos de pequenos e pequenas se reuniron para visitalas e vivilas. Con chocolate gratis e espectáculo de fogos de artificio, Lalín deu a benvida ao Nadal máis máxico e sostible de Galicia.
As Aldeas, convertidas nun parque temático, son sete: a de Papá Noel, a dos Reis Magos, a do Apalpador, a das Estrelas, a dos Trasnos, a da Música e unha última privada no centro comercial Pontiñas, a Aldea dos Contos. Nenos e nenas e familias poderán visitar e gozar desta iniciativa ata o 9 de xaneiro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas e recorrelas no seu tren turístico totalmente gratuíto.