Lalín inaugura a súa pista de patinaxe sobre xeo, instalada no Pontiñas

O prezo da entrada é de 5,5 euros en sesións de 30 minutos cun prezo especial para colexios de 2 euros
Pista de hielo en Lalín. DP
photo_camera Pista de hielo en Lalín. DP

O Concello de Lalín repartirá 3.100 entradas para a pista de xeo instalada na chaira do Centro Comercial Pontiñas aos nenos e nenas e mozas ata os 21 anos. Así o anunciou este xoves o concelleiro Avelino Souto, durante a inauguración da Pontipista, na que participaron o director xerente do Pontiñas Centro Comercial e de Lecer Gadis, Andrés Bahillo ; Teresa Romeu, representante de comerciantes e membro da Xunta Directiva do Centro, e a edil Karen Fernández.

Logo de 6 anos, Lalín volve ter pista de xeo grazas ao acordo entre o centro comercial e o Concello de Lalín. A empresa Atlántida instalou unha pista de xeo natural de 300 metros cadrados co seu sistema exclusivo de tubaxes de aluminio patentado pola empresa internacional de strong <>pistas de xeo Ice World e da cal Atlántida é representante exclusivo en España.

O prezo da entrada é de 5,5 euros en sesións de 30 minutos cun prezo especial para colexios de 2 euros.

O horario de apertura da pista será de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas, cando estará dispoñible para os colexios; e polas tardes para o público en xeral, nun horario de 17.00 a 21.00 horas. Os fins de semana e festivos 11.00 a 21.00 horas.

Bahillo apuntou que a capacidade é de cen persoas e redúcese a 66 para garantir a seguridade

Ademais, o Pontiñas centro comercial e de lecer Gadis conta cunha oferta exclusiva para os seus clientes onde regalan invitacións gratuítas por compra superiores a 35 euros dentro dos seus establecementos. Así, repartirá mil entradas entre os seus clientes.

Por outra banda, Avelino Souto indicou que o Concello chegou a un acordo coa empresa Atlántida "para facer igual que ou Centro Comercial Pontiñas e aqueles comercios ou asociacións que queiran comprar entradas para regalar aos seus clientes terán un prezo especial de venda". Así, o teléfono de atención para que os comercios poidan adquirir as invitacións é o 686 458 645 (empresa Atlántida).

Bahillo quixo agradecer ao Concello de Lalín o seu apoio á iniciativa "que xa está en marcha ata o 8 de xaneiro".

En canto ao protocolo covid, Bahillo apuntou que a capacidade é de cen persoas e redúcese a 66 para garantir a seguridade. Así mesmo, os corredores están sinalizados para evitar aglomeracións.

Comentarios