Máis de 40 colectivos de toda Galicia esixen a rebaixa da peaxe da autoestrada AP-53

O Goberno local lalinense levará a Pleno a constitución desta fronte para pedirlle ao Estado medidas inmediatas
undefined
photo_camera Un cartel da AP-53. ARQUIVO

A rebaixa da peaxe da AP-53 é unha demanda histórica. A autoestrada Lalín-Santiago é unha das máis caras de España e sen duda de toda Galicia. Ademais, é a única que non conta con ningún tipo de desconto e cuxas subas son unha constante, a última do 4%.

Así as cousas, constituíuse un grupo de trabajo integrado por máis de 40 colectivos, dos máis representativos de Galicia, entre os que se encontran organizacións empresariais do mundo do transporte, sindicatos ou cooperativas agrarias, entre outros, ademais do Goberno de Lalín, para "facer valer os nosos dereitos ante as peaxes abusivas e inasumibles desta autoestrada".

Con este obxectivo compartido, o grupo de traballo asinou un manifesto no que lle esixen ao Gobierno de España que se apliquen con carácter inmediato bonificacións e descontos na peaxe da AP-53 para usuarios habituais, igual que os que xa existen para a AP-9. Ademais, solicitan ao Ministerio de Transportes que transfira esta autoestrada estatal á Xunta de Galicia a fin de que o Goberno autonómico poida financiar estes descuentos do mesmo modo que outros viais que son da súa titularidade.

"Trátase dun apoio sen precedentes, con máis de 40 colectivos representados, que ben asinaron o manifesto ou que amosaron dalgún xeito o apoio a estas demandas en relación á rebaixa da peaxe da AP-53 nun momento crucial, cando parte do camiño está andado, posto que hai un acordo no Congreso dos Deputados que, a través dunha proposición non de lei do PP, insta ao Ministerio a que implante estas medidas na dita autoestrada", indica a moción que o Goberno local presentará ante o Pleno, co obxectivo de instar os grupos políticos a que apoien a demanda de máis de 40 colectivos empresariais, sociais e sindicais, entre outros, dos máis representativos de Galicia, para esixir ao Goberno do Estado a aplicación de medidas de carácter inmediato para a rebaixa da peaxe da AP-53. Así mesmo, o Goberno local demanda comunicar a todos os grupos políticos parlamentarios autonómicos e estatais este acordo.

"A posta en marcha desde grupo de traballo da AP-53 representa unha oportunidade para intensificar os apoios a esta demanda social compartida e para continuar coas medidas de presión co obxecto de poñer fin a esta situación tan agraviante e discriminatoria para os usuarios desta autoestrada en relación aos da AP-9", sostén.

Comentarios