Máis de 400 persoas realizan en Silleda as probas para policía local en Galicia 

Trátase do primeiro ano no que se convoca o proceso de forma unificada

Un grupo de opositores. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Aspirantes ás prazas de policía local realizando o exame este domingo en Silleda. PEPE FERRÍN (AGN)

Máis de 400 aspirantes participan este domingo nas primeiras probas unitarias para optar a unha praza de policía local en Galicia, para as que a Xunta ofrece 38 postos en 23 concellos galegos, que se desenvolven no recinto feiral de Silleda. 

Trátase do primeiro ano no que se realizan estas probas. A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) convoca por primeira vez o proceso de forma unificada para os corpos de policía local da comunidade. Deste xeito, todos os concellos que o desexen poden adherirse a el. Por agora, xa o fixeron un 40% dos municipios galegos. 

Nesta primeira xornada leva a cabo a proba de coñecementos. O cuestionario conta con 100 preguntas tipo test sobre as 40 materias que constitúen o temario. Os aspirantes dispoñen de 132 minutos para a súa realización. 

En canto ás probas de lingua galega e as físicas e psicotécnicas, desenvolveranse a finais de novembro e en decembro. 

Segundo informou a Xunta de Galicia, o director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor, desprazouse ata o lugar para seguir o proceso. 

 

Comentarios