Éxito total da ‘masterclass' impartida polo clarinetista Vicente Alberola en Valga

As clases musicais incluían sesións individuais, técnicas e de repertorio
Masterclass de Vicente Alberola en Valga. DP
photo_camera Masterclass de Vicente Alberola en Valga. DP

Un total de 14 alumnos, dez deles activos e catro oíntes, participaron este fin de semana na masterclass que o destacado clarinetista e colaborador da Mahler Chamber Orchestra, Vicente Alberola, impartiu no auditorio de Valga.

A actividade inscribíase no marco do programa formativo do Centro Superior de Música (CSM Galicia), coa colaboración do Concello de Valga.

As clases incluíron sesións individuais, técnicas e de repertorio.

Comentarios