Unha menor en bicicleta é atropelada por un turismo en Catoira

A nena foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario
Imagen de una ambulancia. ADP
photo_camera Imaxe dunha ambulancia. ADP

Unha menor circulaba coa súa bicicleta pola parroquia de Dimo, cando un turismo a atropelou. Foi un particular que presenciou o accidente quen avisou ao 112 Galicia ás 17:00 horas do luns.

A nena, que se atopaba liberada e accesible tras o arrollamiento, foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. Ademais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foron informados dos feitos membros do GES de Padrón, de Protección Civil da localidade e dos Bombeiros de Vilagarcía. De igual xeito, foron alertados os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios