jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Moraña distribúe as primeiras subvencións da campaña de dinamización

José Cela, el alcalde. RAFA FARIÑA
José Cela, o alcalde. RAFA FARIÑA
Os beneficiarios son 85 e a campaña de promoción do Concello chegou ao redor de 100.000 potenciais clientes

O programa de dinamización socieconómica Moraña Actívase, impulsado polo Concello e destinado á hostalería, ao comercio e ás pequenas e medianas empresas, chega ao seu ecuador co inminente pago das axudas municipais, que serán abonadas este mes aos 85 beneficiarios, e cuns resultados da campaña promocional que rolda as 100.000 persoas de alcance no seu primeiro trimestre.

O alcalde, José Cela, confirmou este mércores que os servizos técnicos teñen case todo listo para proceder ao pago das subvencións ao longo das dúas próximas semanas, con ingresos de 900 euros a cada un dos 50 negocios e autónomos que se viron obrigados ao peche polo estado de alarma da crise sanitaria da covid-19 e de 400 aos 35 que reduciron a súa facturación en polo menos un 50% durante ese período.

"Estas subvencións, que pretenden apoiar aos sectores económicos, creo que chegan en bo momento para axudar ao comercio, á hostalaría, ás pemes e aos autónomos, que agardo que entendan que o proceso alongouse un chisco porque temos que ser moi escrupulosos cos fondos públicos e hai unha baremación e unha tramitación administrativa que cumprir para garantir que os cartos chegan a quen realmente o necesita e sufríu os efectos da primeira vaga da pandemia", espuxo o rexedor.

O programa Moraña Actívase está a ser complementando cunha campaña promocional nas redes sociais que se prolongará ata finais de ano, e o Concello subliña que conta cunha valoración "moi positiva"· e un elevado impacto a través das 70 publicacións realizadas en Facebook e Instagram, que alcanzan o milleiro de seguidores.

Esta iniciativa calou en Moraña e na súa comarca, xa que a maior parte dos usuarios proceden do concello de Caldas, Vilagarcía, Cuntis e Portas, sinala.

Moraña distribúe as primeiras subvencións da campaña de dinamización
comentarios
ç