sábado. 10.04.2021 |
El tiempo
sábado. 10.04.2021
El tiempo

Un morañés denuncia que a súa gata foi ferida cunha escopeta de balines

Imagen del proyectil con el que fue herido el felino. CEDIDA
Imagen del proyectil con el que fue herido el felino. CEDIDA
O dono do animal denunciou que un veciño se dedica a disparar sobre os felinos

O dono dunha gata de Moraña denunciou que un veciño se dedica a disparar sobre os felinos utilizando unha escopeta de balines. Agrega que por este motivo viuse obrigado a levala ao veterinario.

"Algún simpático aquí, nesta zona de Moraña, dedícase a tirarlle valins aos gatos, e tocoulle a miña gata, unha gata castrada e cariñosa". O disparo foi realizado desde cerca do animal. "Non creo eu que lle poida molestar a ninguén", expón, "Somos seis veciños e a gata", precisa.

A modo de advertencia e tamén de reto, pide que se identifique ao autor e lamenta que as vítimas das súas accións sexan gatos indefensos.

Un morañés denuncia que a súa gata foi ferida cunha escopeta de...
comentarios
ç