Unha moza de Caldas morre atropelada sobre a calzada tras sufrir un accidente en Portas

Trátase dunha veciña de Caldas de Reis que se apeou do seu vehículo despois de que este se saíra da vía

Accidente en Portas. DAVID FREIRE
photo_camera Accidente en Portas. DAVID FREIRE

Unha moza de Caldas de Reis falecía este venres nun accidente rexistrado na AP-9 á altura do viaduto de Portas.

Ao parecer, tras saírse da vía o vehículo que conducía, a muller abandonou o coche polo seu propio pé, momento no que un camión a atropelou, levándose por diante, tamén, o vehículo sinistrado.

O suceso rexistrábase ás 13.31 horas no quilómetro 112 e obrigou a cortar un carril da vía, aínda que a circulación permaneceu fluída a pesar do incidente.

Ao lugar desprazáronse o Ges de Valga, os Bombeiros de Vilagarcía, Tráfico e persoal de Audasa.