jueves. 17.10.2019 |
El tiempo
jueves. 17.10.2019
El tiempo

A nai de Abet: "É un santo, non merece estar onde está"

A nai e a irmá do José Luís Abet. TELECINCO
A nai e a irmá do José Luís Abet. TELECINCO
"Dixo que foi el porque nese momento se lle nublou a vista", declara a súa irmá, sobre o momento no que regresou á vivenda familiar para ocultarse tras o crime

A nai de José Luís Abet, autor confeso do triplo crime de Valga, ofreceu unhas declaracións a Telecinco en compañía da súa filla. "Estou moi mal, o meu fillo nunca faría iso (...). Non sabe matar nin a un galo, nin un galo sabe matar", repetía ante as cámaras, moi afectada. "Era un santo, non merece estar onde está", engadía a muller, que quixo aproveitar a ocasión para dar o pésame á familia das vítimas.

Pola súa banda, a irmá do asasino relatou a El Programa de Ana Rosa que ao chegar Abet á casa materna, tras cometer o crime, José Luís "botaba as mans á cabeza". Ela, sostén, sospeitaba que pasara algo, pero non podía nin imaxinar o que máis tarde quedaría confirmado. O propio Abet, máis tarde, recoñecía o crime ante a súa familia: "Dixo que foi el porque nese momento se lle nublou a vista".

A moza destaca que o seu irmán era un home de bo carácter. "Se estaba mal facíame rir, sempre facía parvadas para animarnos", comentou.

A nai de Abet: "É un santo, non merece estar onde está"