Nicolás González, número 9 do PSOE na lista para as europeas, "ilusionado polo reto"

Asegurou que o ex-ministro José Blanco "estaba descartado" antes de que el fose proposto

Nicolás González Casares. DP
photo_camera Nicolás González Casares. DP

O lalinense Nicolás González, que ocupará o posto número 9 da candidatura do PSOE para as eleccións europeas do 26 de maio, mostrouse "moi contento" por este "reto e este desafío" e avanzou que vai dalo todo para estar á altura". 

González Casares, en declaracións a Europa Press, asegurou que o ex-ministro José Blanco "estaba descartado" antes de que el fose proposto, polo que incidiu en que "ninguén pense que foi un 'sácate ti para porme eu'". Ademais, explicou que foi unha das primeiras persoas que o chamou para darlle os parabéns

O socialista lalinense considera a José Blanco como "unha das persoas a seguir" e remarca: "Como el tivemos poucos políticos en Galicia". 

A súa inclusión na lista para Europa nos primeiros postos terá que ser agora valorada polo partido, posto que Nicolás González Casares era candidato á alcaldía por Lalín. Xa que logo, quedará por confirmar se renuncia á candidatura e quen ocuparía o primeiro posto da candidatura.

Comentarios