Pablo Lesuit, Igloo e Santi Araújo, na sesión vermú de PortAmérica

Os concertos, gratuítos, celebraranse pola mañá en Caldas de Reis
Actuación de Pablo Lesuit en Pontevedra hace unos meses. BEA CÍSCAR
photo_camera Actuación de Pablo Lesuit en Pontevedra hace unos meses. BEA CÍSCAR

Pablo Lesuit, Igloo ou Santi Araújo son algúns dos artistas que actuarán na sesión vermú do festival PortAmérica, segundo deu a coñecer este xoves a organización. Aínda que o festival -con artistas como Nathy Peluso, Xoel López ou WOS- celebrarase na Azucreira de Portas, Caldas non quedará sen protagonismo.

Ademais da zona de acampada, que estará situada por primeira vez, na Carballeira, o recinto de A Tafona acollerá concertos ao mediodía, con acceso gratuíto, tanto para os asistentes ao festival como para os veciños e quen queira achegarse. Trátase do novo formato "sesión vermú", que terá lugar durante as mañás do sábado 4 e do domingo día 5 de xuño, cunha "mestura de estilos para todos os gustos", pois, explica Esmerarte, "o público asistente poderá gozar de grandes artistas do panorama actual que se encargarán de pór ritmo a ambas as sesións matutinas" con estilos como "ndie, tonada, folk…".


O sábado actuarán Marilia Monzón, Marisa Vale Roso, Santi Araújo e Pablo Lesuit, mentres que o domingo están anunciados Mavica, Sarria e Igloo, que xogarán en casa.

As entradas para o festival da Azucreira, previsto para os días 2, 3 e 4 e de xuño, continúan á venda a 30 euros a entrada diaria e a 65 o bono, aínda que tamén continúan sendo válidas as adquiridas para o festival de 2020, que non chegou a celebrarse. Así mesmo, están dispoñibles tamén os tickets para a acampada (a 20 euros por persoa para catro días) e para as cinco liñas de buses que comunicarán Portas con Pontevedra, Cambados e Vilagarcía, A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, con diversos prezos.

Comentarios