Patricia Figueiras logra o cuarto premio do concurso fotográfico 'Xenerais da Ulla'

O primeiro posto foi para José Alberto G. Barona, que compartiu podio con César Carracedo

A reporteira gráfica de Diario de Pontevedra, Patricia Figueiras, obtivo por votación popular o cuarto premio no concurso fotográfico Xenerais da Ulla. Neste evento compiten fotografías referentes ao entroido rural da comarca cuxo orixe data de mediados do século XIX.

O primeiro posto foi para José Alberto G. Barona, que compartiu podio con César Carracedo por partida dobre, xa que este último conseguiu que dous das súas fotografías fosen a segunda e terceira máis votadas.

Este concurso é unha de tantas iniciativas que pretenden manter viva a tradición do entroido que vén celebrando desde fai preto de dous séculos no rural dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

Tamén existe un gran interese por parte dos concellos citados de promocionar esta atractiva tradición a nivel turístico, aínda que debido á situación sanitaria provocada pola pandemia este ano non se poderá gozar de ningunha modalidade do entroido en terras galegas.

Comentarios