Un peregrino de Valga de 94 anos culmina o Camiño xunto con outros 120 veciños

Nava Castro, directora de Turismo, recibiu na Praza do Obradoiro á expedición
Los peregrinos de Valga, en Santiago junto a Nava Castro. SAMD
photo_camera Los peregrinos de Valga, en Santiago junto a Nava Castro. SAMD

Un grupo de 120 persoas procedentes do municipio de Valga culminou este sábado o Camiño Portugués e foi recibido no Obradoiro pola directora de Turismo, Nava Castro. Entre os participantes atopábase Román, un valgués de 94 anos que completou todas as etapas desde Tui.

Este colectivo de valgueses levou a cabo a peregrinación a Santiago para celebrar o Xacobeo e lembrar a todos os falecidos do municipio, especialmente como consecuencia da pandemia da Covid-19. 

O colectivo estaba encabezado polo alcalde do municipio, José Bello Maneiro, que destacou o ánimo dos seus veciños: "Agora que chegamos á Catedral piden ir ata Finisterre", sinalou o rexedor. Ademais, felicitou aos "campións": Román, de 94 anos, e Lucita, de 83, os dous participantes máis lonxevos. 

Polo seu lado, a directora de Turismo de Galicia tamén quixo subliñar a "boa actitude" dos peregrinos valgueses. "Grazas a este ánimo, celébrase o Ano Santo", sentenciou Nava Castro. 

Por outra banda, o próximo 4 de xuño, celebrarase unha misa na Catedral de Santiago para os veciños do concello de Valga que incluirá a todos os curas das parroquias do municipio e contará coa actuación da Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro.

"MÁIS DE 70.000 COMPOSTELAS". Durante o recibimento, Castro resaltou as "excelentes" cifras que o Camiño está a rexistrar e a reactivación das peregrinaxes grupales. Desde este xaneiro xa se selaron máis de 70.000 compostelas, unha cifra marca que "demostra a recuperación turística de Galicia", segundo afirmou a directora de Turismo. 

En canto ao novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, Castro aseverou que traballarán de forma "conxunta" e resaltou a "transversalidade" entre os departamentos que Rueda mantivo baixo o seu mando: "Turismo e Xacobeo son materias transversais que representan unha actividade económica moi importante en Galicia". 

Comentarios