Controlado o incendio que calcinou cinco hectáreas en Lalín

O lume comezou ás 15.53 horas

Incendio en Lalín. DP
photo_camera Incendio en Lalín. DP

A parroquia lalinense de Goiás sufriu na tarde deste sábado un incendio forestal que calcinou máis de cinco hectáreas de superficie arboredo. Na tarde-noite, o incendio permanecía controlado e estimábase que queimara 5,4 hectáreas, segundo datos facilitados pola Consellería de Medio Rural.

O lume iniciouse ás 15.53 horas e deuse por controlado a as 19.09 horas. A partir de aí, os servizos de extinción continuaron na zona para arrefriar o perímetro. No incendio traballaron dous axentes, oito brigadas, catro motobombas, catro helicópteros e efectivos do GES de Lalín.

Entre todos evitaron que as chamas se achegasen a dúas granxas de vacún próximas. A presenza das aeronaves na zona levantou expectación entre os veciños de Lalín, a cuxo Lago Pontiñas acudiu a cargar auga unha delas.