Unha persoa ferida nun accidente na N-640 ao seu paso por Cuntis

O percance tivo lugar na N-640, ao seu paso pola parroquia de Portela
Coche accidentado en Portela.DP
photo_camera Coche accidentado en Portela.DP
O Servicio Municipal de Emerxencias do Concello de Cuntis tivo que acudir no medio día deste xoves a un accidente de circulación que se produciu nun tramo da N-640 ao seu paso polo lugar de A Leira, na parroquia de Portela. Unha persoa resultou ferida e foi trasladada ao Hospital Montecelo.