Dúas persoas resultan feridas en accidentes de tráfico en Cuntis e Caldas

Ambas se atopan fóra de perigo

Dúas persoas feridas é o balance do mesmo número de accidentes rexistrados onte nas estradas dos municipios da comarca Ulla-Umia. En ambos os sucesos tivo unha especial incidencia a choiva caída durante a mañá, e producíronse nun intervalo de 15 minutos. No entanto, en ningún caso hai que lamentar que se producisen feridas de prognóstico grave.

O primeiro deles tivo como escenario Caldas de Reis, ás 12.03 horas, no lugar onde se atopa a rotonda situada no punto no que conectan dúas vías, a N-640 e a PO-531, no límite entre as parroquias de Saiar e Godos. A vítima do mesmo foi piloto dunha moto que perdeu o control da mesma. No operativo de urxencias participaron a agrupación de Protección Civil da localidade, os axentes da Policía Local e da Garda Civil, e os efectivos de urxencias sanitarias, procedentes do Punto de Atención Continuada, que se encargaron de atender e trasladar ao ferido a un centro sanitario.

O escenario do segundo accidente é un punto onde se producen habitualmente este tipo de sucesos: as curvas de Castroloureiro, ás 12.18 minutos. Dous vehículos víronse implicados, un Seat León e unha furgoneta, que se desprazaban en dirección a Cuntis. Nun tramo caracterizado prol a súa pronunciada pendente e a sinuosidad das curvas, o condutor do turismo perdeu o control do mesmo logo de pisar o freo para reducir a velocidade. A consecuencia foi in impacto contra o valo protector, e cando saíu rebotado cara ao centro da calzada chocou contra a parte traseira da furgoneta que, inicialmente, evitara a colisión.

O ferido sufriu un golpe nun brazo. A Garda Civil de Tráfico e urxencias sanitarias participaron no operativo, do mesmo xeito que os efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Cuntis.

Comentarios